Saltar ao contido

Avisos e Incidencias dende internet

Notificación de avisos e incidencias dende  o seu móbil ou ordenador

Tipos avisos

Avisos dende Internet

Dende calquer dispositivo con navegador conectado a internet, pode avisar de incidencias da limpeza viaria,  enseres abandoados ou  colectores (rotos, desbordado, etc).

É un paso no uso das novas tecnoloxías para levar a cabo unha xestión máis eficiente dos recursos municipais

Pode acceder dende calquera navegador web dun dispositivo conectado a internet: ordenador ou smartphone: Android ou IOs utilizando a seguinte ligazón:

 https://ecogondomarinc.fccma.com

O primeiro paso necesario é o rexistro mediante breves datos persoais, correo electrónico e teléfono evitando o anonimato incrementando a credibilidade do aviso ou incidente. Ademais, grazas a estes datos, tamén pode  poñerse en contacto co usuario directamente se fora necesario.

O proceso é doado, unha vez acceda describa o aviso mediante: situación xeográfica, foto do incidente en cuestión asociada a tipoloxia do aviso (enseres abandoados, limpeza viaria ou colecores). Dados estes pasos, compróbase que a foto e a descrición do incidente son correctas e enviadas. 

O pasos detallados son os seguintes:

  •    1) Indique a ubicación/enderezo do aviso no mapa
  •    2) Engada unha foto da incidencia
  •    3) Selecione o tipo de aviso ou incidencia: enseres abandoados, colectores ou limpèza viaria
  •    4) Engada unha descrición ou explicación sobre o aviso
  •    5) No último paso, envíe o aviso.
 
Lembre que unha vez enviado  poderá consultar o estado das notificación enviadas  dende “Meus Avisos”.

Aplicación para móbiles android

Se dispón dun teléfono o tableta android pode instalarse dende "play store" a aplicación de avisos do servizo de limpeza de Gondomar

Dende a “play store” do seu teléfono, instalando a aplicación de avisos ecogondomar.

Pode acceder mediante o seguiente enlace: Avisos Ecogondomar 

O primeiro paso necesario é o rexistro mediante breves datos persoais, correo electrónico e teléfono evitando o anonimato incrementando a credibilidade do aviso ou incidente. Ademais, grazas a estes datos, tamén pode  poñerse en contacto co usuario directamente se fora necesario.

O proceso é doado, unha vez descargada a aplicación no móbil: unha foto do incidente en cuestión asociada a tipoloxia do aviso (limpeza, recollida, calzada, papeleira rota …) e pode anexar un documento. Observe ou especifique a través dun audio cal é o problema. Dados estes pasos, compróbase que a foto e a descrición do incidente son correctas e enviadas. Unha vez enviado, o usuario pode ver os problemas enviados, o seu estado, dende “Meus Avisos”.

En definitiva, supón un paso no uso das novas tecnoloxías para levar a cabo unha xestión máis eficiente dos recursos municipais.