Saltar ao contido

Punto Limpo

O Punto Limpo de Gondomar é un centro que permite a recollida de residuos do fogar que necesitan dunha xestión específica, ben polo seu tamaño ou pola súa composición.

Horario do punto limpo

Luns - Xoves
16:00 - 19:00
Venres - Sábados
09:00 -13:00

(festivos pechados)

Onde se atopa?

Está situado en Vincios, no lugar denominado "Regato de padróns". A pasaxe 321. Con acceso directo dende a estrada PO-331.

Protocolo


Lembre que os/as usuarios/as han de seguir un protocolo para evitar riscos por mor de COVID 19

Punto Limpo Gondomar

Residuos e usuarios

Os usuarios do punto limpo son todos los cidadáns que residan no Concello de Gondomar e que queiran depositar de forma selectiva os residuos orixinados nos seus domicilios, atendendo os artigos que se establecen o regulamento que controla o seu funcionamiento, publicado no Boletín oficial de Pontevedra.

Os residuos entregados non deben superar os valores máximos prefixados e deben presentarse clasificados, axustados á tipoloxía establecida no reglamento e que se recolle nos seguintes cadros.

RESIDUOS COMÚNSCANTIDADE MAX. POR DOMICILIO
Vidro e cristais varios 50 kgs/mes
Papel e cartón50 kgs/mes
Envases de plástico50 kgs/mes
Cartón aluminizado, latas50 kgs/mes
Restos metálicos do fogar (tixolas, potas, etc)50 kgs/mes
Voluminosos (colchones, somieres, mobles) 3 cada clase / ano
Cascallos de pequenas obras500 kgs/ano
Electrodomésticos sen CFC2 cada clase/ano
Textiles (roupa, calzado)50 kgs/ano

RESIDUOS ESPECIAISCANTIDADE MÁX. POR DOMICILIO
Frigoríficos e conxeladores2 de cada clase/ano
Televisores, monitores ordenadores2 de cada clase/ano
Fluorescentes, bombillas baixo consumo20 unidades/ano
Botes de aerosol30 unidades/ano
Aceites de cociña usados10 litros/mes
Pinturas, disolventes e vernices25 kgs/ano
Pilas e baterías20 kg/ano
Termómetros10 unidades/ano
Radiografías20 unidades/ano
Cartuchos fotocopiadoras e impresoras50 unidades/ano
Residuos de poda e mant. xardíns50 kgs/mes
Aceites de motor5 litros/mes

Operativa

Servizo de recollida no punto limpio de Gondomar



Teña en conta  que o punto limpio recollerá exclusivamente residuos de orixe doméstica. Os procedentes da actividade industrial o comercial débenllos entregar os produtores ás empresas xestoras autorizadas.

Unha vez no centro cada usuario deberá identificarse mediante o D.N.I e antes de depositar o residuo ou residuos deberá declarar no posto de control o contido do que quere entregar, con fin de realizar así un control de orientación de verquido. Segundo a carga declarada, será o operario do punto limpo quen decidirá aceptar ou rexeitar a entrega, seguindo os criterios recollidos no regulamento. En todo momento os /as usuarios/as deberán seguir as indicacións do operario do centro

NON pode depositar

En ningún caso se trata dun vertedoiro, senón dun lugar para almacenar temporalmente os resíduos ata entregalos a xestores autorizados.

uso por veciños
12 %
Toneladas de residuos anuais
+ 1 t
Incremento uso anual
+ 0 %